ATURUXO LGBT Galiza
Seareiros
Eventos

5 acontecementos pasadosVer todos

 
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza Dada a situación pola que esta pasando o movemento lgbt en Galiza e en Compostela convocase unha reunión para decidir que facer de cara o futuro das asociacións.

Data e hora:Sábado, 05 de Decembro de 2009 19:30
Lugar:cafe ultramarinos (casas reais, Compostela)
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza Convidadas polas Maribolheras, na sexta 3 e no sábado 4 de Abril estarám em Compostela e a Corunha a Guerrilla Travolaka (Barcelona). Um dos grupos activistas mais potentes do panorama internacional queer, feminista e transgénero.

A originalidade e potencialidade dos discursos e práticas políticas da Guerrilla Travolaka... abrem umha perspectiva radicalmente nova, nom só no movimento transexual e transgénero, mas também nos movimentos feministas, nos de libertaçom sexual e, por extenssom, no conjunto do movimento.

Centro Social O Pichel (Compostela)
A luita trans: Estratégias, objectivos e reflexons.
19:00

Casa das Atochas (Corunha)
Jantador vegano com a Guerrilla Travolaka 14.30
VideoForum: HOTEL GONDOLÍN: Documentário centro social autogerido por travestis e transgénero 16:30

Galeria Sargadelos:
Palestra-debate: A LUITA TRANS: ESTRATÉGIAS, OBJECTIVOS E REFLEXONS 19:00
Ceia TRANSMARIBOLHERA na Nena Pepita 22:30

Ver máis
A luita trans
Data e hora:Venres, 03 de Abril de 2009 19:00
Lugar:Centro Social O Pichel, Compostela, GALIZA
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza REPULSA Á SENTENZA HOMOFÓBICA DUN XURADO POPULAR DE VIGO QUE ABSOLVE O ASASINO DE DOUS HOMES.

Rabia, impotencia, tristeza,... Isto é o que nos provoca a recente sentenza absolutoria a Jacobo Piñeiro Rial por asasinar con 57 puñaladas a Isaac Pérez Triviño e Julio Anderson Luciano e posteriormente prender lume á casa do...s mesmos para eliminar as evidencias.

As persoas que facemos activismo LGBT somos conscientes de que moitas veces até as propias leis van por diante da sociedade, mais contodo, non podemos deixar de ficar horrorizadas e horrorizados ante esta decisión de un xurado popular en Vigo.

Preguntámonos sen encontrar fácil resposta sobre as motivacións dese veredito. Estas non son outras que a máis crua homofobia, o odio ao diferente e o desprezo absoluto á vida humana cando se trata de maricóns.
O “medo a ser violado” e a “defensa propia” foron os argumentos utilizados polo avogado do asasino e ratificados por un xurado popular que considera que a nosa orientación sexual, diferente á maioritaria, nos fai seres perversos. As nosas vidas non teñen valor e torturarnos, asasinarnos a sangue frío e queimarnos despois son actos tolerábeis e gratuitos.
Consideramos estes feitos gravísimos e tememos que sexan indicador de unha sociedade aínda moi atrasada e intolerante. Decisións como estas encontranse ben máis próximas de tempos inquisitoriais e totalitarios que dunha sociedade que se di avanzada e do século XXI.

Do Colectivo Gay de Compostela, integrado na Federación de asociacións LGBT de Galiza “Aturuxo”, queremos mostrar a nosa máis forte repulsa a todo tipo de manifestación de odio que denigra e despreza as vidas das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero.
Solidarizámonos profundamente e compartimos a dor das famílias de Isaac e Julio e esiximos que o peso da xustiza caia sobre o asasino dos nosos compañeiros.

Nin un crime homofóbico impune!
Dignidade e xustiza para Isaac e Julio.

CONCENTRACIÓN DE REPULSA Á SENTENZA XUDICIAL E DE SOLIDARIEDADE COAS FAMILIAS DAS VÍTIMAS: MÉRCORES 25 DE FEBREIRO ÁS 20:00 NA PRAZA DO TOURAL DE COMPOSTELA


Ver máis
Tod@s contra a homofobia. Pola dignidade de Isaac e Julio.
Data e hora:Mércores, 25 de Febreiro de 2009 20:00
Lugar:Praza do Toural
ATURUXO LGBT Galiza
cinema lesbico gay bisexual transexual
Data e hora:Xoves, 12 de Febreiro de 2009 16:00
Lugar:Teatro Principal
ATURUXO LGBT Galiza
19 fotos novas
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza V Ciclo de Cinema LGBT no Teatro Principal
Compotela, do 12 o 18 de Febreiro

28 de Xaneiro de 2009 ás 2:47 · Queixarse
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza Intervención no IES de Pontecesures realizada o luns 19 ós grupos de 4º da ESO.

21 de Xaneiro de 2009 ás 6:28 · Queixarse
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza As asociacións lgbt de Andorra acuden o Tribunal Europeo de Dereitos Humans denunciando a prohibición existende no pais para doar sangue por parte das persoas homosexuais, bisexuais e transexuais.

14 de Xaneiro de 2009 ás 5:53 · Queixarse
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza hoxe reunión no local (gentalha do pichel, san roque 21) as 21:00

14 de Xaneiro de 2009 ás 5:50 · Queixarse
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza entregados condóns na sauna azul

12 de Xaneiro de 2009 ás 14:52 · Queixarse
ATURUXO LGBT Galiza

ATURUXO LGBT Galiza reunion convocada para este sabado en compostela

12 de Xaneiro de 2009 ás 14:51 · Queixarse
ACTIVIDADE RECENTE
ATURUXO LGBT Galiza escribiu no Taboleiro de Reunión.
ATURUXO LGBT Galiza discutiu sobre Orgullo lgbt no taboleiro de debate de ATURUXO LGBT Galiza.
ATURUXO LGBT Galiza editou o seu Páxina Web, Resumo da empresa e Misión.