
Festival dos Abrazos acabou onte despois dun mes de intensa actividade. Deixámosvos coas imaxes desta edición e imos a ver se descansamos e collemos pulo para a próxima...

Johnnie Bravo q paso con los djs del cierre de cortocircuito en la quintana?alli no habia nada de nada

Festival dos Abrazos finaliza mañá, cunha romaría urbana que encherá o parque de Vista Alegre de teatro, música, comida, bebida e de festa... Achegádevos, contamos con vós!
festivaldosabrazos.org
O Festival dos Abrazos 2009, Crea(c)ción en Aberto, finaliza cunha romaría urbana na que haberá teatro, música, comida, bebida e, sobre todo, a reivindicación unha vez máis dos lugares singulares de Compostela como espazos abertos á creación. ...

Festival dos Abrazos un cabaré para rir, chorar, amar e odiar... esta tarde ás 20.30h, o Teatro Principal convírtese no Cabaret Molotov do Teatro de Marionetas do Porto. A entrada custa 3 euros
www.lavozdegalicia.es
El Festival dos Abrazos cierra su espacio para las artes escénicas con un espectáculo de una de las compañías de títeres más reconocidas en Europa, el Teatro de Marionetas do Porto, que presenta su pieza Cabaret Molotov . Un cabaré melancólico inspirado por la memoria y por el que deambulan coristas...

Festival dos Abrazos varios dos integrantes de Los Ilegales traen o seu novo proxecto, "jazz con toques de rock progresivo", ás 21h ao parque de Vista Alegre
www.lavozdegalicia.es
Xuan Zem (Oviedo, 1976) lleva once años componiendo y tocando el vibráfono en el grupo asturiano Zem. Con un estilo muy propio, Xuan y el resto del conjunto presentarán hoy su último disco en el Parque de Vista Alegre dentro del cartel del Festival dos Abrazos

Festival dos Abrazos Guadi Galego, Uxía e Ugia Pedreira, Cantoras tabernarias nos Abrazos Off. Actuarán, acompañadas por Pedro Pascual, esta tarde ás 19.30h no Dezaseis da Rúa San Pedro
festivaldosabrazos.org
Tres cantoras galegas: Ugia Pedreira, Guadi Galego e Uxía comparten esa querencia pola música dos portos, polas cancións híbridas e fermosas que nos legaron as tascas onde entre trago e trago se foi conformando un universo musical que agora queren reivindicar coa axuda do acordeón de Pedro Pascual. ...

Festival dos Abrazos danza do ventre e cinema documental pechan a programación de Xerusalén en Compostela esta tarde na ruela de Xerusalén
festivaldosabrazos.org
Unha oferta conxunta de danza do ventre e cinema documental pecha a colaboración da Fundación Araguaney e o Festival dos Abrazos 2009, que con Xerusalén en Compostela achegaron a realidade do pobo palestino ...

Festival dos Abrazos Óscar Fernández conecta a Igrexa de Santa María do Camiño coa música antiga e popular de Galicia e do resto de Europa, hoxe ás 13h e ás 20h
festivaldosabrazos.org
Saraibas, Os Cempés, bOnOvO, Dúo Fdz.-Quintá ou Doa son algunhas das formacións nas que toca ou tocou, polo que a súa colaboración cos nomes máis coñecidos da música folk e tradicional é constante. A maioría ...

Festival dos Abrazos As e os máis novos aprenderán a elaborar traxes fantásticos das súas personaxes favoritas, no derradeiro obradoiro infantil do parque Vista Alegre. Hoxe, ás 11.30h
festivaldosabrazos.org
Inscricións no correo electrónico afernandez@sgae.es e nos teléfonos 981 581 821 e 981 569 082. Número mínimo de inscritos: 15 alumnos por día (por orde de solicitude).Organiza: Arteria Noroeste

Festival dos Abrazos a compañía de Teatro Gestual de Chile trasladou á praza das Praterías o seu espello satírico, bizarro e caricaturesco... o espectáculo comezou hai uns minutos.
festivaldosabrazos.org
Imaxinación, movemento e xesto para descubrir os obstáculos da cidadeUn espectáculo de rúa que provoca vertixe. Os intérpretes compleméntanse como a broca e a barrena para ter todo o que se necesita para furar calquera material: madeira, pedra, metal, cabezas e todo o que poda ser perforado. ...

Festival dos Abrazos a sesión de cine Amal de esta tarde adíase a mañá ás 22h, despois da actuación de danza do ventre de Martha Franco (ás 19h). Unha tarde de danza e cinema documental pechará, así, a programación de Xerusalén en Compostela
festivaldosabrazos.org
Unha oferta conxunta de danza do ventre e cinema documental pecha a colaboración da Fundación Araguaney e o Festival dos Abrazos 2009, que con Xerusalén en Compostela achegaron a realidade do pobo palestino ...

Festival dos Abrazos "os dous países devoramos polbo. Parecémonos moito na paisaxe -alí tamén hai rías- e tamén temos hortensias, camelias e hórreos idénticos aos galegos"... esta noite ás 23h na praza de Abastos, a Hashi Fest tende unha ponte entre Galicia e Xapón
www.lavozdegalicia.es
A soprano xaponesa guiará o abrazo entre o noso país e o seu a través da música, a paisaxe e a gastronomía na «Hashi Fest» da Praza de Abastos (...) hai que ser «xaponuda» para por en escena un abrazo entre Xapón e Galicia a través da música, a paisaxe e a gastronomía como fará hoxe a soprano, ás 23...

Festival dos Abrazos hoxe é un día de despedidas. Tamén é o derradeiro xoves do Coro da Rá no Festival dos Abrazos... actuarán ás 21.30h na rúa de San Paio de Antealtares e antes, por sorpresa, polas rúas máis concorridas da Cidade Vella
www.galicia-hoxe.com
O Coro da Rá, coñecido polas súas intervencións inesperadas na rúa, terá un especial protagonismo nesta nova edición do Festival dos Abrazos de Compostela. Este coro residente da Escola de Música Estudio ...

Festival dos Abrazos a última oportunidade de gozar cos ritmos brasileiros do Trío Swing Brasil, hoxe ás 20.30h na praza de Feixoo
festivaldosabrazos.org
Grupo formado por tres excelentes músicos brasileiros: o guitarrista Jurandir Santana, o batería Marcio Dhiniz e o cantante e guitarrista Vaudí. Con máis de vinte anos de traxectoria, tocaron con mitos ...

Festival dos Abrazos danza, teatro, música, videocreación, canto e improvisación libre por intérpretes de entre 6 e 14 anos... ás 21h no Parque de Vista Alegre, a Aula Folque Infantil de Pontevedra achéganos as súas Cidades Imaxinarias
festivaldosabrazos.org
Un peirao, unha despedida, unha praia, unha grande urbe pola noite, un mercado, un cortexo... e algo máis está en todos nós. Ás veces non hai que viaxar tan lonxe para estar preto. Danza, teatro, música, videocreación, canto e improvisación libre nunha viaxe por espazos cotiáns e cunha reflexión iró...





















