
"Profesión Actor" (curtametraxe documental) Xa medio durmidos... iamos rematando o documental a media pálpebra.

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) E seguimos... e seguimos... e seguimos...non nos quedaba outra que beber cafeina enlatada

"Profesión Actor" (curtametraxe documental)
"A ver... colle do minuto 45:23 ata o 46:03 de Pico...agora a 01:23:53 da entrevista dos veteranos...ata... 01:24:14... e na entrevista de Bea... do 13:24 ata o 13:57... a ver como queda..."
Montando en Vigo dende as 10 da mañá ata a 1:30 da noite

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) Mirando os brutos na casa, o guión...HAI QUE ACABAR O GUIÓN!!!...

"Profesión Actor" (curtametraxe documental)
“De todas formas, nós xa nos entendemos e... sen problema. O noso é un matrimonio, como outro calquera. Que non digo que non teñamos as nosas agarradas, as cousas como son, que as veces as temos, e ben gordas. Coma todo o mundo, non? A verdade eu son de xenio rápido, cando me salta o tarabelo... Pero sempre se dixo, os... amores reñidos son os máis queridos. E mira, mal que ben, xa levamos máis de 20 anos xuntos. Iso non o pode dicir calquera hoxe en día! Que hoxe ás primeiras de cambioo... e o tango que 20 anos non son nada. Peroo..., carallo, hostia se son...”
"A Piragua" de Abrapalabra Teatro, escrita e dirixida por Cándido Pazó.

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) “Nós, os actores... ás veces tampouco temos idea, durante un tempo, a min pasoume, hostia meu pai é carpinteiro e ten un oficio, eu non teño un oficio, e despois daste conta de que si, ti tes un ofico que é saber facer unha cousa, dun xeito moi artesano. E hai que poñelo en valor, hai que valorizalo, o que pasa é que e...so non vende, dicir que o oficio de actor é jodido, que non sempre é doado de aprender”.

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) Entrevista a Xosé Barato nos camerinos da Tv-Movie "Mar libre" de Ficción Producciones.

Dirección: Marcos Estebo Guión: Ana Ponte e Marcos Estebo Imaxe: Diego Beltrán e Rafael Méndez Son: Xoan Escudero Montaxe: Rafael Méndez Músi

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) Non lembro de que falaban neste intre, pero non debía de ser sobre a xubilación...

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) Conversa entre Iván Marcos, Alba Fernández e Fran Peleteiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) William Miller, protagonista da tv-movie "Mar libre" de Ficción Producciones, a piques de entrar a facer unha secuencia.

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) Cos figurantes da tv-movie "Mar libre" de Ficción Producciones.

"Profesión Actor" (curtametraxe documental) Gravación en Agolada, "Os Pendellos", set da tv-movie "Mar libre" de Ficción Producciones.

"Profesión Actor" (curtametraxe documental)
Momento para a lembranza, parte 2.
Goldi: (Risas xerais) “Joder, non sei, non me fagas esa pregunta”.























