Quin.TV
Informations
Création :
6 de setembro do 2008
Vidéo

2 sur 33 vidéosAfficher tout

2:00 Ajoutée il y a environ 10 mois
Aucune vidéo de fan.
YouTube Box

4 of 5 Afficher tout

Reggeton de Quintana
Se Obama ten o seu reggaeton, por que Anxo Quintana non?
Pois xa o ten!!
Eu son... Espartaco? Anxo Quintana?
aparecen versións no youtube de Eu son Anxo Quintana
Galicreuques: O Puzle
Quintana, Touriño e Feijoo na Galescola, aprendendo a situar Galiza no mapa
A AP9 é nosa, cowboy!
Dentro de pouco en todas as peaxes da AP9
more ↓
Photos

1 albumAfficher tout

GaleríaMis à jour il y a environ 11 mois
Aucune photo de fan.
 
Quin.TV

Quin.TV Estamos a piques de conseguir un resultado histórico para o BNG, pero o próximo goberno deste país vaise decidir por moi poucos votos. É necesario o voto masivo, e dende aquí vos pido que mobilicedes a toda a vosa xente para que entre todos o día 2 poidamos avanzar no cambio que a xente deste país demostrou que quere. ...Nós tamén queremos máis, e desta vez podémolo conseguir.

Afficher davantage
Quin.TV

Quin.TV A mentira, a difamación, e agora tamén os paparazzi son as armas que está a utilizar o señor Núñez Feijoo nesta campaña, a máis suxa e rastreira das que se recordan. Por inventar ata inventan accidentes de tráfico. Non sei ata onde quere chegar o PPdeG antes do 1 de marzo, o que está claro é que Feijoo é demasiado cova...rde para querer defender esas mentiras debatendo. E con, todo, non nos van tumbar. Esta política de difamacións terá o seu xusto castigo o vindeiro domingo nas urnas.

Afficher davantage
Quin.TV

Quin.TV Un videoclip coa actividade de Quintana nos últimos meses a ritmo de reggaetón...

Quin.TV

Quin.TV Terceira e última parte do debate con cidadáns da Coruña, onde falamos entre outras cousas dos coidados paliativos, do Estatuto de Nación, da Lei de Normalización lingüística e da Lei da Dependencia.

Quin.TV

Quin.TV Segunda parte do encontro que mantiven con cidadáns coruñeses. Neste caso preguntáronme pola inmigración e a venda ambulante, pola vivenda protexida, pola discapacidade e o paro, polo botellón e polas pensións da xente viúva.

Quin.TV

Quin.TV Ante a negativa do candidato do Partido Popular de asistir ao debate convocado pola TVG, nós si celebramos ese mesmo día un debate cos cidadáns onde me puideron preguntar todo aquilo que lles preocupaba. Este é o primeiro fragmento dese debate, no que se falou do Plan de Boloña e das universidades, do imposto de sucesións e dos salarios dos cargos políticos.

Quin.TV

Quin.TV Estivemos na Illa de Arousa para coñecer como se leva a cabo a extracción do mexillón, percorremos en barco a ría, visitamos unha batea e puidemos falar coa xente das confrarías de artes menores de Galiza. Quixemos presentar alí as nosas propostas para o sector pesqueiro (http://tinyurl.com/c55fy6), que pasan por un au...téntico rearme produtivo e a reclamación de competencias para rematar co Apartheid ao que ten sometida a Unión Europea a Galiza en materia de pesca.

Afficher davantage
Quin.TV

Quin.TV Tivemos un encontro na Coruña con xente do mundo da literatura, da música, das artes escénicas, do audiovisual... para falar as nosas propostas políticas para o ámbito cultural. A proxección da nosa cultura no exterior, a Cidade da Cultura, a unificación das políticas audiovisuais, o libro e a lingua foron algunhas cue...stións das que tratamos nun interesante diálogo cos principais axentes culturais.

Afficher davantage
Quin.TV

Quin.TV Galiza Nova e o BNG organizaron un xantar en Pontevedra no que se xuntaron 600 mozos da comarca e de toda Galiza para apoiar o proxecto nacionalista de cara ao 1 de marzo. Cómpre que mobilicemos a mocidade para que vaian votar nestas eleccións nas que Galiza se xoga tanto, para que non gañe o PP, que propón, entre outr...as cousas, o abaratamento do despido como suposta solución ao paro.

Afficher davantage
Quin.TV

Quin.TV O cambio trasformador que iniciamos hai tres anos e media non foi só para cambiar o resultado da política da dereita dos 16 anos do Goberno de Fraga, senón que aquí levaba gobernando a dereita máis de 50 anos. Debemos darlle continuidade a ese cambio porque é moito o que nos xogamos. Galiza non pode agora volver atrás.

Quin.TV

Quin.TV Xuntámonos unha morea de militantes e simpatizantes do BNG en Santiago para dar comezo á campaña electoral. Moitas grazas a todos por estar aí. Estes 15 días faremos que a proposta ilusionante do nacionalismo chegue a todos os recunchos, e que o amor que a xente sente por Galiza se traduza en votos o día 1 de marzo. Ánimo e adiante!

Quin.TV

Quin.TV Non entendo que mal lle fixo o galego á xente que quere dividir a poboación entre os que falan galego e os que falan castelán. Así o expresei durante a miña conferencia no Club Faro de Vigo.

Quin.TV

Quin.TV Un dos estudantes de Comunicación de Pontevedra preguntou por Tuenti e polo uso cada vez maior da Rede nas campañas electorais, incluído este videoblog. Outros estudantes opinan sobre a presenza dos políticos en internet e tamén nas aulas universitarias.

Quin.TV

Quin.TV Publicamos novo video "Tuenti, rede e precampaña electoral" http://quin.tv/video/tuenti-rede-e-precampana-electoral

11 février, à 08:37 · Signaler un abus
Quin.TV

Quin.TV Os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación convidáronme a un encontro no que falamos das eleccións, dos debates, da universidade e da innovación, da AP-9 e de moitas máis cousas.